Se muestran los artículos pertenecientes al tema CERTAMES LITERARIOS.
06/11/2006
III CONCURSO DE MÓNOLOGOS MONOLINGÜES PARA UNIVERSITARIOS

Un concurso sempre é unha forma de promocionar o idioma. Se se realiza para a xuventude moito mellor. Se é para universitarios aínda máis. Pensemos que necesitamos avanzar no uso do galego entre as xeracións máis novas, posto que son os que menos o usan. Tamén a universidade é un dos sectores no que ten pouco uso o noso idioma. En conclusión: dúas razóns de peso para promocionar a lingua.
31/05/2006
RELATOS DE VERÁN
La Voz de Galicia convoca aos seus lectores á sétima edición de Relatos de Verán . 26/05/2006
PREMIOS "X. CARLOS CANEIRO" E "ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ"
Os alumnos do I.E.S. GARCÍA BARBÓN gañaron os premios de poesía "X. Carlos Caneiro" e de relato "Antonio Fernández Pérez", no nivel de bacharelato, convocados polo Concello de Verín. Os alumnos gañadores son:
- Poesía:
- 1º Premio: Noelia Salgueiro López
- 2º Premio: Bieito Barreira Barreira
- 3º Premio: Cristina Barja Barja.
-Relato:
- 1º Premio: Noelia Salgueiro López
- 2º Premio: Beatriz Losada Veiga
- 3º Premio: Jessica Pérez Lorenzo
PARABÉNS A TODOS !!

02/05/2006
PARABÉNS A GEMMA CORTÉS
A alumna do I.E.S. GARCÍA BARBÓN de Verín, Gemma Cortés Alonso , resultou gañadora na modalidade de poesía do XV Premio literario Manolo Lado organizado polo I.E.S. "Alfredo Brañas" de Carballo.

