Blogia
ensinargalego

O galego e o castelán no ensino

O galego e o castelán no ensino

Dende hai varios días lemos en toda a prensa opinións sobre a proposta do próximo presidente da Xunta de Galicia sobre o ensino en galego e castelán. Para cumprir os dereitos de todos os pais, segundo el, cada un poderá elixir o idioma no que quere que reciban as ensinanzas das materias troncais os seus fillos. Isto suporá, ou ben duplicar o número de grupos e profesores por centro, ou facer colexios onde o ensino sexa en galego e outros en castelán.

Para min, o máis grave non está no gasto, que si que é moi importante, senón que todo isto o que provocará é separación, guetos, división social. Ademais, sempre levará consigo unha connotación ideolóxica e política. Realmente é o que queremos que haxa na sociedade galega? Non será mellor tratar de integrar a todo o mundo, favorecer a convivencia, a relación entre todos, fale o idioma que fale? Se tratamos de que non haxa separación, nin discrimación por raza, relixión, sexo, etc, por que imos facela polo idioma? Eu considero que debemos tratar de chegar a un consenso e que todos os alumnos estean xuntos e reciban o ensino, dunhas materias en galego e outras en castelán. Por exemplo o 50% en cada idioma. Así ninguén se poderá queixar. Incluso tamén algunha en inglés. Desta maneira, os alumnos, ao finalizar cada ensinanza, terán o mesmo dominio das dúas linguas oficiais en Galicia. Creo que cantos máis idiomas dominemos, mellor para todos. Agora ben, tamén creo que a lingua propia de Galicia é o galego, tal e como está no Estatuto de Autonomía, e debemos aprendela e usala cando cada un queira.

Poderiamos falar, aparte do ensino, doutros ámbitos nos que non ten presenza o galego, como a xustiza, sanidade, medios de comunicación, empresa privada, etc. Disto non se fala. Ninguén di que o xuíz cando dite sentenza o faga en galego e o empregue no xuízo, se o demandante o pide; nin que o médico o atenda en galego e escriba a receita en galego, se o paciente o pide, etc, etc. Acaso os cidadáns non teñen dereito a ser atendidos na lingua que desexen?

 

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

0 comentarios

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres