Blogia
ensinargalego

SOCIOLINGÜÍSTICA

Viva Galicia bilingüe

Viva Galicia bilingüe

Non me puiden resistir a publicalo, aínda que, ao mellor, xa o lestes e vivistes situacións desta índole.en moitas ocasións. Foi publicado no día de hoxe (venres 11 de decembro de 2009) en  La Voz de Galicia

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

O galego e o castelán no ensino

O galego e o castelán no ensino

Dende hai varios días lemos en toda a prensa opinións sobre a proposta do próximo presidente da Xunta de Galicia sobre o ensino en galego e castelán. Para cumprir os dereitos de todos os pais, segundo el, cada un poderá elixir o idioma no que quere que reciban as ensinanzas das materias troncais os seus fillos. Isto suporá, ou ben duplicar o número de grupos e profesores por centro, ou facer colexios onde o ensino sexa en galego e outros en castelán.

Para min, o máis grave non está no gasto, que si que é moi importante, senón que todo isto o que provocará é separación, guetos, división social. Ademais, sempre levará consigo unha connotación ideolóxica e política. Realmente é o que queremos que haxa na sociedade galega? Non será mellor tratar de integrar a todo o mundo, favorecer a convivencia, a relación entre todos, fale o idioma que fale? Se tratamos de que non haxa separación, nin discrimación por raza, relixión, sexo, etc, por que imos facela polo idioma? Eu considero que debemos tratar de chegar a un consenso e que todos os alumnos estean xuntos e reciban o ensino, dunhas materias en galego e outras en castelán. Por exemplo o 50% en cada idioma. Así ninguén se poderá queixar. Incluso tamén algunha en inglés. Desta maneira, os alumnos, ao finalizar cada ensinanza, terán o mesmo dominio das dúas linguas oficiais en Galicia. Creo que cantos máis idiomas dominemos, mellor para todos. Agora ben, tamén creo que a lingua propia de Galicia é o galego, tal e como está no Estatuto de Autonomía, e debemos aprendela e usala cando cada un queira.

Poderiamos falar, aparte do ensino, doutros ámbitos nos que non ten presenza o galego, como a xustiza, sanidade, medios de comunicación, empresa privada, etc. Disto non se fala. Ninguén di que o xuíz cando dite sentenza o faga en galego e o empregue no xuízo, se o demandante o pide; nin que o médico o atenda en galego e escriba a receita en galego, se o paciente o pide, etc, etc. Acaso os cidadáns non teñen dereito a ser atendidos na lingua que desexen?

 

Multilingüísmo

Multilingüísmo

Non entendo o que pasou a fin de semana pasada en Santiago. Por un lado, representantes de dous partidos políticos na fronte da manifestación reclamando a liberdade lingüística e escondendo a verdadeira demanda que é o "bilingüísmo armónico" da época pretérita recente, que todos sabemos que significaba. Por outro lado, un moi pequeno grupo de contramanifestantes, tratando de impedir a liberdade a manifestarse. Cos primeiros non teño nada en común, pero tampouco comparto nada cos segundos. Debe haber liberdade de expresión e manifestación.

As linguas deben servir para comunicarnos e acercarnos os un aos outros, nunca para enfrontarnos.

Creo que o coñecemento e dominio de linguas é bo. Cantas máis saibamos, mellor para nós. Pero coñezamos primeiro a nosa e ao mesmo tempo aprendamos outras. Por suposto, debemos aprender o castelán e tamén o inglés, francés, etc. Saber linguas é cultura e non un castigo bíblico.

Canto avanzamos?

Canto avanzamos?

Tal e como aparece hoxe nun xornal o galego, segue en inferioridade de condicións respecto do castelán.  Dende logo non é nada sorprendente, posto que chega con saír e pasear polas rúas de calquera vila, cidade ou ir a un instituto, ler os xornais, escoitar a radio, ver a televisión, ir ao médico, a calquera delegación da Xunta de Galicia para comprobalo. Pero neste caso, a enquisa non está feita á poboación en xeral, senón aos votantes, é dicir, persoas maiores de 18 anos.

O que eu quero plantexar é, xa que estamos moi próximos a unhas eleccións, se nestes catro anos, cun goberno distinto aos 16 anos anteriores e nunha parte dese goberno dun partido nacionalista, se o galego avanzou significativamente. Estamos igual ca hai catro anos? O noso idioma está máis prestixiado? Emprégano de maneira habitual os empresarios, xuíces, médicos, profesores, etc? E os políticos? Só o fan diante da cámara? Ou só o falan nas aldeas e a xente maior?

Por outra banda, a xuventude úsao máis ca antes? Os nenos teñen o galego como lingua materna maioritariamente? Temos máis falantes galegos? A xente nova, que é o futuro do idioma, emprega o galego a cotío? En definitiva, estamos mellor ca hai catro anos ou igual ou, quizais, peor?

ACADEMIA GALEGA DA LINGUA PORTUGUESA

ACADEMIA GALEGA DA LINGUA PORTUGUESA

Estes últimos días presentaron unha "Nova Academia" da lingua portuguesa. Teño que recoñecer que cando lin a noticia sentín vergoña. Refírome, claro está, a esa academia creada en Galicia. Estas persoas non cren no noso idioma. Nunca creron. Eu coñezo a algúns, incluso compañeiros de universidade, que escribían en portugués e falaban castelán. Vaia contradición! Din que o galego non ten futuro e por iso "debemos ser absorvidos" polo portugués, pero na súa vida non  falan portugués, nin galego:falan castelán, educan os fillos en castelán. E logo din que non queren ser asimilados polo español. Eu sempre pensei que eran un grupo moi minoritario, e que os que queremos e amamos o noso idioma, iamos na mesma dirección. Boa nova foi a unificación da normativa do 2003. Eu creo que son poucos, moi poucos os lusistas ou lusófonos ou reintegracionistas, pero aínda así fanse notar moito. E o que máis me doe é que personaxes da política e, sobre todo, da Xunta, participen nos seus actos e lles dean cartos. Podería dicir moitas cousas máis, pero estou confuso. Os que mamamos o galego e o empregamos dende que comezamos a falar todos os días e en todas os momentos da vida, durante toda a nosa vida (xa son máis de 40 anos), vendo estas noticias, fannos reflexionar: non sería mellor comezar a falar, escribir, educar os nosos fillos en castelán? 

O GAÉLICO GOZA DE MÁIS DEREITOS LINGÜÍSTICOS QUE O GALEGO

O GAÉLICO GOZA DE MÁIS DEREITOS LINGÜÍSTICOS QUE O GALEGO
Unha lingua con menos de 200.000 usuarios, o gaélico, ten dende o mes de xaneiro máis dereitos cá nosa, o galego, que conta con máis de 1.500.000 usuarios. Desta maneira os seus falantes (do gaélico) terán máis facilidades para optar a empregos institucionais. Esta lingua terá un rango similar ao español, italiano, portugués, etc. Supoño que todos os que criticaban aos que defendíamos o recoñecemento do galego como lingua na Unión Europea, agora se darán conta do que isto supuña para Galicia e os galegos.

O GALEGO NO ENSINO

O GALEGO NO ENSINO
O galego vai ser obrigatorio no 50% das materias. Xa é hora de que polo menos a metade do ensino sexa en galego. O máis difícil é que de facto sexa así. Xa sabemos o incumprimento que hai hoxe da Lei de Normalización. Moitas das materias que por lei se deberían impartir en galego non o fan e non pasa nada. Tamén quero reclamar que os membros das direccións dos centros, como funcionarios que son da Xunta de Galicia, empreguen o galego en todos os seus actos públicos tanto a nivel oral como escrito. Xa sei que cada un é libre de usar a lingua que desexe como individuo, pero eu pido que o fagan como Director do Centro, no seu traballo; logo na súa vida privada que faga o que queira.

O GALEGO POR PRIMEIRA VEZ NO CONSELLO DE MINISTROS COMUNITARIO

O GALEGO POR PRIMEIRA VEZ NO CONSELLO DE MINISTROS COMUNITARIO

Por primeira vez na historia vaise empregar o galego no Consello de Ministros Comunitario. Temos que seguir avanzando no seu uso en novos ámbitos. É un novo fito. Temos que aproveitar todos os foros que se nos brinde para a súa difusión. Non podemos quedar só dentro das nosas fronteiras. Necesitamos darnos a coñecer tamén fóra. Moitas son as linguas minoritarias que existen en Europa e debemos defender os seus dereitos.

AXENCIA TRIBUTARIA

AXENCIA TRIBUTARIA

Pouco a pouco imos avanzando no eido da normalización lingüística. O galego aparece xa na Axencia Tributaria. Primeiro foi en catalán, como sempre. Estes son os que abren camiño ás demais linguas do Estado. Nós non podemos quedar atrás, nin ser sempre os últimos.

INMIGRANTES GALEGOFALANTES

INMIGRANTES GALEGOFALANTES

Parece bastante lóxico que as persoas que emigran aprendan a lingua do país de destino. Isto en Galicia non foi un feito, polo menos ata agora, debido a que a maioría dos inmigrantes aprendían ou usaban só o castelán, posto que sempre se ten a idea de que cada país ten unha lingua. Así a lingua de España sería, loxicamente, o español. Creo que aprender a lingua do país é unha boa forma de integración (o que non quere dicir asimilación), tanto cultural como social. Debemos tratar de que os inmigrantes coñezan e usen o noso idioma.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

A CORUÑA

A CORUÑA Por fin!! Menos mal que se recupera o sentidiño e se cumpre a lei. Despois de moitos anos e, sobre todo, grazas a que desapareceu de María Pita un tal Paco, parece que se vai utilizar a única forma legal: A Coruña. Seguro que os arbustiños que representaban o "L" irán parar, definitivamente, a outro lugar máis apropiado. Grazas señor Xavier Losada. Viva A Coruña da Cova Céltiga e das Irmandades!!

DEBER DE COÑECER O GALEGO

DEBER DE COÑECER O GALEGO
Coñecer o galego ten que ser un deber, e así debe aparecer recollido no novo Estatuto de Autonomía. Isto reclámao a Mesa Pola Normalización Lingüística. No mesmo sentido tamén se pronunciou Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega.

Xa hai vinte anos do maior éxito do pop en galego e do grupo "Os Resentidos" . Lástima que desaparecesen ou que non xurdiran outros grupos semellantes. Que bo sería para o idioma galego que a xuventude no seu tempo de ocio escoitase música galega "moderna ou actual", e en galego, e non só a música tradicional ou música celta.
Os grupos que fan música en galego necesitan dun apoio institucional como as editoriais, prensa, etc. É un eido no que estamos lonxe de lograr a normalización. Ademais, está relacionado cun sector da poboción que se está castelanizando cada día máis, a mocidade.

GALESCOLAS

GALESCOLAS
Uha boa iniciativa da Xunta para a normalización lingüística é que o galego sexa a lingua habitual dos nenos cando comezan no colexio, posto que o ensino converteuse nun factor castelanizador. Desta forma, todos os que queiran, poderán levar aos seus fillos a unha escola infantil na que se empregue a nosa lingua cos nenos .

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

España é un estado plurilingüe . Están recoñecidas, ademais do castelán lingua de todo o estado, outras tres linguas que son cooficiais na súa comunidade: galego, catalán e éuscaro. Tamén son linguas outras falas como o asturiano, aragonés e aranés. O mapa das falas.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO
Escritores, pedagogos e representantes sindicais piden que se aplique o Plan de Normalización Lingüística aprobado no Parlamento para o curso vindeiro. O Plan garante que o 50% das materias sexan impartidas en galego en Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

POLÍTICA LINGÜÍSTICA A Dirección Xeral de Política Lingüística propón queo novo Estatuto obrigue a coñecer a lingua galega

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA A Normalización lingüística. Estado actual e porvir da lingua galega.
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres