INMIGRANTES GALEGOFALANTES
Parece bastante lóxico que as persoas que emigran aprendan a lingua do país de destino. Isto en Galicia non foi un feito, polo menos ata agora, debido a que a maioría dos inmigrantes aprendían ou usaban só o castelán, posto que sempre se ten a idea de que cada país ten unha lingua. Así a lingua de España sería, loxicamente, o español. Creo que aprender a lingua do país é unha boa forma de integración (o que non quere dicir asimilación), tanto cultural como social. Debemos tratar de que os inmigrantes coñezan e usen o noso idioma.
0 comentarios