ACADEMIA GALEGA DA LINGUA PORTUGUESA
Estes últimos días presentaron unha "Nova Academia" da lingua portuguesa. Teño que recoñecer que cando lin a noticia sentín vergoña. Refírome, claro está, a esa academia creada en Galicia. Estas persoas non cren no noso idioma. Nunca creron. Eu coñezo a algúns, incluso compañeiros de universidade, que escribían en portugués e falaban castelán. Vaia contradición! Din que o galego non ten futuro e por iso "debemos ser absorvidos" polo portugués, pero na súa vida non falan portugués, nin galego:falan castelán, educan os fillos en castelán. E logo din que non queren ser asimilados polo español. Eu sempre pensei que eran un grupo moi minoritario, e que os que queremos e amamos o noso idioma, iamos na mesma dirección. Boa nova foi a unificación da normativa do 2003. Eu creo que son poucos, moi poucos os lusistas ou lusófonos ou reintegracionistas, pero aínda así fanse notar moito. E o que máis me doe é que personaxes da política e, sobre todo, da Xunta, participen nos seus actos e lles dean cartos. Podería dicir moitas cousas máis, pero estou confuso. Os que mamamos o galego e o empregamos dende que comezamos a falar todos os días e en todas os momentos da vida, durante toda a nosa vida (xa son máis de 40 anos), vendo estas noticias, fannos reflexionar: non sería mellor comezar a falar, escribir, educar os nosos fillos en castelán?
3 comentarios
EU -
Anónimo -
ex-alumna -
Eres un gran profesor!