Blogia
ensinargalego

Bertolt Brecht: "A boa persoa de Sezuán"

Bertolt Brecht: "A boa persoa de Sezuán"

Esta semana o Centro Dramático Galego pon en escena, en Ourense, a obra de Brecht, A boa persoa de Sezuán. Dende logo é un autor que vale a pena ler e coñecer a súa obra. Nesta ocasión, é unha oportunidade para ver unha boa representación, cremos. Debemos destacar e agradecer que durante dous días haxa representacións pola mañá para os estudantes. Dende logo, os que non vivimos na capital, dificilmente podemos asistir ao teatro nas nosas vilas. Se queremos ver algunha obra temos que viaxar 70, 100 ou 120 quilómetros. Polo tanto, se os adultos imos poucas veces ao teatro, moito menos van ir os estudantes. Por iso, é moi loable que fagan representacións para eles pola mañá. Vemos os datos de previsión de asistencia e, seguramente, haberá tanta ou máis ca pola tarde. De feito, vemos que, dos colexios que van asistir, hai dous institutos de Verín, o IES Xesús Taboada Chivite e o IES Castro de Baronceli. Eles terán que recorrer bastantes quilómetros e perder a mañá de clase, mais creo que vale a pena. Parabéns ao CDG, ao teatro e aos profes que favorecen estas actividades complementarias.

0 comentarios