Canto avanzamos?
Tal e como aparece hoxe nun xornal o galego, segue en inferioridade de condicións respecto do castelán. Dende logo non é nada sorprendente, posto que chega con saír e pasear polas rúas de calquera vila, cidade ou ir a un instituto, ler os xornais, escoitar a radio, ver a televisión, ir ao médico, a calquera delegación da Xunta de Galicia para comprobalo. Pero neste caso, a enquisa non está feita á poboación en xeral, senón aos votantes, é dicir, persoas maiores de 18 anos.
O que eu quero plantexar é, xa que estamos moi próximos a unhas eleccións, se nestes catro anos, cun goberno distinto aos 16 anos anteriores e nunha parte dese goberno dun partido nacionalista, se o galego avanzou significativamente. Estamos igual ca hai catro anos? O noso idioma está máis prestixiado? Emprégano de maneira habitual os empresarios, xuíces, médicos, profesores, etc? E os políticos? Só o fan diante da cámara? Ou só o falan nas aldeas e a xente maior?
Por outra banda, a xuventude úsao máis ca antes? Os nenos teñen o galego como lingua materna maioritariamente? Temos máis falantes galegos? A xente nova, que é o futuro do idioma, emprega o galego a cotío? En definitiva, estamos mellor ca hai catro anos ou igual ou, quizais, peor?
0 comentarios