Multilingüísmo
Non entendo o que pasou a fin de semana pasada en Santiago. Por un lado, representantes de dous partidos políticos na fronte da manifestación reclamando a liberdade lingüística e escondendo a verdadeira demanda que é o "bilingüísmo armónico" da época pretérita recente, que todos sabemos que significaba. Por outro lado, un moi pequeno grupo de contramanifestantes, tratando de impedir a liberdade a manifestarse. Cos primeiros non teño nada en común, pero tampouco comparto nada cos segundos. Debe haber liberdade de expresión e manifestación.
As linguas deben servir para comunicarnos e acercarnos os un aos outros, nunca para enfrontarnos.
Creo que o coñecemento e dominio de linguas é bo. Cantas máis saibamos, mellor para nós. Pero coñezamos primeiro a nosa e ao mesmo tempo aprendamos outras. Por suposto, debemos aprender o castelán e tamén o inglés, francés, etc. Saber linguas é cultura e non un castigo bíblico.
0 comentarios