Blogia
ensinargalego

Suspensos no bacharelato

Suspensos no bacharelato

O Tribunal Supremo acaba de anular a posibilidade de cursar 2º de bacharelato con catro suspensas.

Todos os que nos adicamos ao ensino e levamos impartindo clases moitos anos nos dous cursos de bacharelato, sabemos que estar en segundo con dúas suspensas, leva ao alumno a repetir curso. Entonces, se pasa con catro, moito máis asegurado teñen o fracaso.

Por outra banda, non é facil compaxinar a asistencia a clases de primeiro e a algunhas de segundo. Pode suceder, ou seguro que vai pasar, que lle coincidan algunhas horas de materias dos dous cursos. O compaxinar os dous cursos, tampouco lle evita estar tres anos en bacharelato. Se ademais, no terceiro ano, só vai cursar algunhas materias de segundo, poñamos por caso tres ou catro, cando prepare as PAAU, terá que estudar o resto das materias. Isto quere dicir que ten que preparar todas as asignaturas de segundo. Por tanto, non lle será mellor asistir a todas, ir estudando día a día todas, facer os exames de todas e así chegar ao mes de xuño con todas as materias preparadas?

Sinceramente, se suspendeu catro materias, sen entrar xa en cáles, creo que o mellor para o alumno é repetir. No ano seguinte, se ten interés, poderá facer un bo curso e estará moi ben preparado para superar 2º de bacharelato e as PAAU.

Non pasa nada por repetir un curso se supera as carencias que poida ter e afianza as bases para os cursos seguintes.

 

0 comentarios