Blogia

ensinargalego

Xa hai vinte anos do maior éxito do pop en galego e do grupo "Os Resentidos" . Lástima que desaparecesen ou que non xurdiran outros grupos semellantes. Que bo sería para o idioma galego que a xuventude no seu tempo de ocio escoitase música galega "moderna ou actual", e en galego, e non só a música tradicional ou música celta.
Os grupos que fan música en galego necesitan dun apoio institucional como as editoriais, prensa, etc. É un eido no que estamos lonxe de lograr a normalización. Ademais, está relacionado cun sector da poboción que se está castelanizando cada día máis, a mocidade.

PREMIOS "X. CARLOS CANEIRO" E "ANTONIO FERNÁNDEZ PÉREZ"

Os alumnos do I.E.S. GARCÍA BARBÓN gañaron os premios de poesía "X. Carlos Caneiro" e de relato "Antonio Fernández Pérez", no nivel de bacharelato, convocados polo Concello de Verín. Os alumnos gañadores son:

- Poesía:

    - 1º Premio: Noelia Salgueiro López

    - 2º Premio: Bieito Barreira Barreira

   - 3º Premio: Cristina Barja Barja.

-Relato

    - 1º Premio: Noelia Salgueiro López

    - 2º Premio: Beatriz Losada Veiga

    - 3º Premio: Jessica Pérez Lorenzo

 

     PARABÉNS A TODOS !!

ImgDump.net

GALESCOLAS

GALESCOLAS

Uha boa iniciativa da Xunta para a normalización lingüística é que o galego sexa a lingua habitual dos nenos cando comezan no colexio, posto que o ensino converteuse nun factor castelanizador. Desta forma, todos os que queiran, poderán levar aos seus fillos a unha escola infantil na que se empregue a nosa lingua cos nenos .

CORRELINGUA

ImgDump.net

Os alumnos do I.E.S. GARCÍA BARBÓN participaron na actividade organizada pola Mesa pola Normalización Lingüística en defensa do idioma galego que tivo lugar o día 16 de maio. Obtiveron o primeiro premio do concurso de pancarta e de lema. Parabéns.

Pola tarde visitan a vila de Allariz

 

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

España é un estado plurilingüe . Están recoñecidas, ademais do castelán lingua de todo o estado, outras tres linguas que son cooficiais na súa comunidade: galego, catalán e éuscaro. Tamén son linguas outras falas como o asturiano, aragonés e aranés. O mapa das falas.

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

Escritores, pedagogos e representantes sindicais piden que se aplique o Plan de Normalización Lingüística aprobado no Parlamento para o curso vindeiro. O Plan garante que o 50% das materias sexan impartidas en galego en Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos

PARABÉNS A GEMMA CORTÉS

A alumna do I.E.S. GARCÍA BARBÓN de Verín, Gemma Cortés Alonso , resultou gañadora na modalidade de poesía do XV Premio literario Manolo Lado organizado polo I.E.S. "Alfredo Brañas" de Carballo.

ImgDump.net

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE CARRAL

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE CARRAL

O Provincialismo é un movemento ideolóxico que nace en 1840. Son os precursores do Rexurdimento. Podemos destacar a Antolín Faraldo que foi nomeado secretario da Xunta. Foi o primeiro intento de conseguir unha autonomía para Galicia. A primeira xeración galeguista (Añón, Pintos, Camino...) vai participar directamente no Levantamento de 1846. Esta sublevación remata co fusilamento dos 12 militares, coñecidos como "os mártires de Carral".

PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

A Promoción do galego é "un deber irrenunciable" da Xunta, di Antón Losada, Secretario Xeral e de Relacións Institucionais.

DARÍO XOHAN CABANA

DARÍO XOHAN CABANA

O autor de "Galván en Saor" ingresa na Real Academia Galega. O seu discurso versa sobre os autores dos 50. Un dos máis destacados desta xeración, Xosé Luís Méndez Ferrín, foi quen lle respondeu.

BLOGS EN GALEGO

BLOGS EN GALEGO

O galego en INTERNET . É moi importante non desaproveitar este medio de comunicación como nos pasou antes coa prensa, radio, televisión, ós cales subimos moi tarde, non no seu momento, é dicir, cando apareceron. Todos sabemos e somos conscientes do papel que desempeñan os medios de comunicación na Normalización Lingüística. Non o desaproveitemos! Empreguemos o noso idioma na confección do blog!

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

A Dirección Xeral de Política Lingüística propón queo novo Estatuto obrigue a coñecer a lingua galega

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

A Normalización lingüística. Estado actual e porvir da lingua galega.

CERTAME RAIÑA LUPA

VI Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa



OS ALUMNOS DE LITERATURA GALEGA DO SECULO XX

OS ALUMNOS DE LITERATURA GALEGA DO SECULO XX

Os alumnos de 2º de bacharelato que cursan a materia de Literatura Galega do século XX crean un blog para dar a coñecer as actividades realizadas en clase. Nel publican os seus traballos de aula, as poesías, relatos e comentarios de textos ou composicións sobre temas propostos na aula. Esta actividade foi moi ben acollida por todos eles. Xa dominan completamente o mecanismo e todas as semanas publican algo novo. Para o profesor tamén é un instrumento de traballo moi útil, posto que pode recibir todos os traballos de inmediato e, ademais, permítelle facer comentarios ou suxestións sobre os mesmos. Por outra banda, tamén lle facilita o envío de información diversa, como poden ser concursos literarios, noticias relacionadas coa materia, actividades ou exercicios varios. Consideramos que foi unha excelente iniciativa, posto que aos alumnos, ademais, de empregala este ano e nesta materia, tamén lles permitirá aproveitala no futuro como instrumento de traballo nas súas carreiras ou estudos que realicen. ImgDump.net

CONCURSO DE CONTOS CIDADE DE OURENSE

Convocado o Premio Ourense de contos para a xuventude.

CONCURSO "CELSO EMILIO FERREIRO"

Convocouse o certame de relato e poesía "Celso Emilio Ferreiro " para alumnos de ensino medio.

XOSÉ CARLOS CANEIRO

XOSÉ CARLOS CANEIRO

INCLÚE UN POEMA SOBRE BASES ELECTRÓNICAS Caneiro grava un disco para "recuperar a ilusión" pola literatura [21/03/2006 19:06] Trinta anos despois do nacemento do rap, e despois de que Yolanda Castaño e Jaureguízar, entroutros, fixesen o mesmo en Galiza, o escritor galego Xosé Carlos Caneiro decidiuse a gravar De bar en bar. Os poemas prohibidos. 21 artefactos poéticos de Caneiro con Manolo Garrido, director da Banda de Gaitas de Verín, á flauta e un máis, As flores entre a herba, con apuntes de regueifa e bases electrónicas. Nesta web podedes baixar as últimas creacións do escritor galego, que busca "recuperar a ilusión" pola literatura. O día 24 preséntaas no Teatro Principal de Ourense.

PRESENTACIÓN DO LIBRO

Rafael Cid presenta o libro e o documental en DVD "Carrilanos" o sábado 1 de abril de 2006, ás 17:30 horas, no Colexio María Inmaculada de Verín.

CASTELAO

CASTELAO

Literatura Galega do século XX 2º Bacharelato