Blogia
ensinargalego

A VIDA NOVA DE MADAME BOVARY

A VIDA NOVA DE MADAME BOVARY

O escritor verinense X. Carlos Caneiro, publicou recentemente unha magnífica novela que, sen dúbida, quedará para a posteridade. Unha novela, no seu estilo, chea de musicalidade, de referencias literarias, cun cuidado exquisito da lingua. Novela de temática amorosa; segundo o autor, el só escribe novelas de amor. Pero o que domina a obra é a búsqueda constante da felicidade. Os personaxes podemos dicir que son reincidentes na súa literatura, fracasados da vida, noctámbulos, buscadores da felicidade e do amor ata o amencer, en medio do alcohol e as tertulias literarias.

A diferencia das outras novelas, aínda que para algúns moi longa, non se fai cando se vai un adentrando nas historias que rodean O Gatopardo e os seus peculiares personaxes: Hermelinda, Arístides, Marquitos, Luzdivina, ... e por suposto Aurorita, eminente prostituta retirada, que coñeceu as máis "ilustres" e importantes personalidades da época cando o Gatopardo era un prostíbulo. Entre elas chama a atención a visita que fixo Pablo Neruda e o incidente que ten alí con outro visitante. Dende entón Neruda permanece no hotelito e na vida da patroa.

Esta é unha novela divertida, amena e que engancha ao lector. Os que coñecen a X. Carlos Caneiro disfrutarán moito, e os que aínda non o coñecen, teñen a oportunidade de disfrutar dunha extraordinaria obra. Recoméndolla encarecidamente.

2 comentarios

Serafín -

Moitas grazas por compartir gustos literarios. Seguro que é vostede unha persoa de gran sensibilidade e lectora da BOA LITERATURA.
Unha aperta

Vanessa -

Estou de acordo con vostede. Estou rematando esta novela e non teño máis que palabras de admiración para "A vida nova de Madame Bovary". Soñadores, tolos, románticos e moitísimas ganas de vivir en todas as páxinas. Non só é recomendable, senón que creo que pode resultar terapéutica contra a tristura e contra ese andazo de novelas tipo Código da Vinci que estamos a padecer. Esta novela é unha beizón.