Se muestran los artículos pertenecientes al tema SOCIOLINGÜÍSTICA.

22/01/2007

O GAÉLICO GOZA DE MÁIS DEREITOS LINGÜÍSTICOS QUE O GALEGO

20070122133040-linguas-europeas.jpg
Unha lingua con menos de 200.000 usuarios, o gaélico, ten dende o mes de xaneiro máis dereitos cá nosa, o galego, que conta con máis de 1.500.000 usuarios. Desta maneira os seus falantes (do gaélico) terán máis facilidades para optar a empregos institucionais. Esta lingua terá un rango similar ao español, italiano, portugués, etc. Supoño que todos os que criticaban aos que defendíamos o recoñecemento do galego como lingua na Unión Europea, agora se darán conta do que isto supuña para Galicia e os galegos.

10/11/2006

O GALEGO NO ENSINO

20061110132700-galego-no-ensino.jpg
O galego vai ser obrigatorio no 50% das materias. Xa é hora de que polo menos a metade do ensino sexa en galego. O máis difícil é que de facto sexa así. Xa sabemos o incumprimento que hai hoxe da Lei de Normalización. Moitas das materias que por lei se deberían impartir en galego non o fan e non pasa nada. Tamén quero reclamar que os membros das direccións dos centros, como funcionarios que son da Xunta de Galicia, empreguen o galego en todos os seus actos públicos tanto a nivel oral como escrito. Xa sei que cada un é libre de usar a lingua que desexe como individuo, pero eu pido que o fagan como Director do Centro, no seu traballo; logo na súa vida privada que faga o que queira.
10/11/2006 13:21 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA Hay 1 comentario.

06/11/2006

O GALEGO POR PRIMEIRA VEZ NO CONSELLO DE MINISTROS COMUNITARIO

20061106171736-galego.jpg

Por primeira vez na historia vaise empregar o galego no Consello de Ministros Comunitario. Temos que seguir avanzando no seu uso en novos ámbitos. É un novo fito. Temos que aproveitar todos os foros que se nos brinde para a súa difusión. Non podemos quedar só dentro das nosas fronteiras. Necesitamos darnos a coñecer tamén fóra. Moitas son as linguas minoritarias que existen en Europa e debemos defender os seus dereitos.

06/11/2006 17:17 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

AXENCIA TRIBUTARIA

20061106130418-axencia-tributaria.jpg

Pouco a pouco imos avanzando no eido da normalización lingüística. O galego aparece xa na Axencia Tributaria. Primeiro foi en catalán, como sempre. Estes son os que abren camiño ás demais linguas do Estado. Nós non podemos quedar atrás, nin ser sempre os últimos.

06/11/2006 13:00 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

INMIGRANTES GALEGOFALANTES

20061106123044-inmigracion.jpg

Parece bastante lóxico que as persoas que emigran aprendan a lingua do país de destino. Isto en Galicia non foi un feito, polo menos ata agora, debido a que a maioría dos inmigrantes aprendían ou usaban só o castelán, posto que sempre se ten a idea de que cada país ten unha lingua. Así a lingua de España sería, loxicamente, o español. Creo que aprender a lingua do país é unha boa forma de integración (o que non quere dicir asimilación), tanto cultural como social. Debemos tratar de que os inmigrantes coñezan e usen o noso idioma.

06/11/2006 12:30 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

27/10/2006

A CORUÑA

20061027060545-maria-pita.jpgPor fin!! Menos mal que se recupera o sentidiño e se cumpre a lei. Despois de moitos anos e, sobre todo, grazas a que desapareceu de María Pita un tal Paco, parece que se vai utilizar a única forma legal: A Coruña. Seguro que os arbustiños que representaban o "L" irán parar, definitivamente, a outro lugar máis apropiado. Grazas señor Xavier Losada. Viva A Coruña da Cova Céltiga e das Irmandades!!
27/10/2006 06:05 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

09/06/2006

DEBER DE COÑECER O GALEGO

20060612114847-mesa.jpg
Coñecer o galego ten que ser un deber, e así debe aparecer recollido no novo Estatuto de Autonomía. Isto reclámao a Mesa Pola Normalización Lingüística. No mesmo sentido tamén se pronunciou Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega.
09/06/2006 13:36 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

29/05/2006

20060529123226-os-resentidos.jpg
Xa hai vinte anos do maior éxito do pop en galego e do grupo "Os Resentidos" . Lástima que desaparecesen ou que non xurdiran outros grupos semellantes. Que bo sería para o idioma galego que a xuventude no seu tempo de ocio escoitase música galega "moderna ou actual", e en galego, e non só a música tradicional ou música celta.
Os grupos que fan música en galego necesitan dun apoio institucional como as editoriais, prensa, etc. É un eido no que estamos lonxe de lograr a normalización. Ademais, está relacionado cun sector da poboción que se está castelanizando cada día máis, a mocidade.
29/05/2006 12:32 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

26/05/2006

GALESCOLAS

20060526110137-galescolas.jpg
Uha boa iniciativa da Xunta para a normalización lingüística é que o galego sexa a lingua habitual dos nenos cando comezan no colexio, posto que o ensino converteuse nun factor castelanizador. Desta forma, todos os que queiran, poderán levar aos seus fillos a unha escola infantil na que se empregue a nosa lingua cos nenos .
26/05/2006 11:01 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA Hay 1 comentario.

23/05/2006

DIVERSIDADE LINGÜÍSTICA

España é un estado plurilingüe . Están recoñecidas, ademais do castelán lingua de todo o estado, outras tres linguas que son cooficiais na súa comunidade: galego, catalán e éuscaro. Tamén son linguas outras falas como o asturiano, aragonés e aranés. O mapa das falas.
23/05/2006 18:56 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

08/05/2006

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA NO ENSINO

20060508181314-en-galego.jpg
Escritores, pedagogos e representantes sindicais piden que se aplique o Plan de Normalización Lingüística aprobado no Parlamento para o curso vindeiro. O Plan garante que o 50% das materias sexan impartidas en galego en Educación Primaria, ESO, Bacharelato e Ciclos Formativos
08/05/2006 18:13 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

19/04/2006

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

20060419181115-lingua.jpgA Dirección Xeral de Política Lingüística propón queo novo Estatuto obrigue a coñecer a lingua galega
19/04/2006 17:42 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

07/04/2006

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

20060419182254-normalizacion.jpgA Normalización lingüística. Estado actual e porvir da lingua galega.
07/04/2006 09:55 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con iCities, 1001 relatos y el I Encuentro Rural de Blogs.]