Se muestran los artículos pertenecientes a Abril de 2006.

05/04/2006

OS ALUMNOS DE LITERATURA GALEGA DO SECULO XX

20060405120108-alumnos-literatura-1.jpg
Os alumnos de 2º de bacharelato que cursan a materia de Literatura Galega do século XX crean un blog para dar a coñecer as actividades realizadas en clase. Nel publican os seus traballos de aula, as poesías, relatos e comentarios de textos ou composicións sobre temas propostos na aula. Esta actividade foi moi ben acollida por todos eles. Xa dominan completamente o mecanismo e todas as semanas publican algo novo. Para o profesor tamén é un instrumento de traballo moi útil, posto que pode recibir todos os traballos de inmediato e, ademais, permítelle facer comentarios ou suxestións sobre os mesmos. Por outra banda, tamén lle facilita o envío de información diversa, como poden ser concursos literarios, noticias relacionadas coa materia, actividades ou exercicios varios. Consideramos que foi unha excelente iniciativa, posto que aos alumnos, ademais, de empregala este ano e nesta materia, tamén lles permitirá aproveitala no futuro como instrumento de traballo nas súas carreiras ou estudos que realicen. ImgDump.net
05/04/2006 12:01 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: LITERATURA DO SÉCULO XX No hay comentarios. Comentar.

06/04/2006

CERTAME RAIÑA LUPA

VI Premio de literatura infantil e xuvenil Raíña Lupa



06/04/2006 12:00 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: CERTAMES LITERARIOS No hay comentarios. Comentar.

07/04/2006

RECITAL

ImgDump.net

(Bieito, Adriana, Adela,Goretti, Tamara, Neuza)

Os alumnos de 1º de bacharelato do I.E.S. GARCÍA BARBÓN recitan e cantan poemas de Rosalía de Castro acompañados de guitarra.

As poesías son: "Adiós ríos, adiós fontes", Campanas de Bastabales", "Unha vez tiven un cravo", "Este vaise e aquel vaise", "Negra sombra"


07/04/2006 08:53 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: POESÍAS No hay comentarios. Comentar.

A NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

20060419182254-normalizacion.jpgA Normalización lingüística. Estado actual e porvir da lingua galega.
07/04/2006 09:55 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

19/04/2006

POLÍTICA LINGÜÍSTICA

20060419181115-lingua.jpgA Dirección Xeral de Política Lingüística propón queo novo Estatuto obrigue a coñecer a lingua galega
19/04/2006 17:42 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

20/04/2006

BLOGS EN GALEGO

20060420183413-alegria.jpg
O galego en INTERNET . É moi importante non desaproveitar este medio de comunicación como nos pasou antes coa prensa, radio, televisión, ós cales subimos moi tarde, non no seu momento, é dicir, cando apareceron. Todos sabemos e somos conscientes do papel que desempeñan os medios de comunicación na Normalización Lingüística. Non o desaproveitemos! Empreguemos o noso idioma na confección do blog!
20/04/2006 12:08 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

26/04/2006

DARÍO XOHAN CABANA

20060426175412-dario-xohan-cabana.jpgO autor de "Galván en Saor" ingresa na Real Academia Galega. O seu discurso versa sobre os autores dos 50. Un dos máis destacados desta xeración, Xosé Luís Méndez Ferrín, foi quen lle respondeu.
26/04/2006 17:54 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: ESCRITORES No hay comentarios. Comentar.

PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA

20060426182142-promocion.jpgA Promoción do galego é "un deber irrenunciable" da Xunta, di Antón Losada, Secretario Xeral e de Relacións Institucionais.
26/04/2006 18:21 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.

27/04/2006

HOMENAXE AOS MÁRTIRES DE CARRAL

20060427114306-martires-de-carral.jpgO Provincialismo é un movemento ideolóxico que nace en 1840. Son os precursores do Rexurdimento. Podemos destacar a Antolín Faraldo que foi nomeado secretario da Xunta. Foi o primeiro intento de conseguir unha autonomía para Galicia. A primeira xeración galeguista (Añón, Pintos, Camino...) vai participar directamente no Levantamento de 1846. Esta sublevación remata co fusilamento dos 12 militares, coñecidos como "os mártires de Carral".
27/04/2006 11:43 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. No hay comentarios. Comentar.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos. ]