Se muestran los artículos pertenecientes a Junio de 2006.
02/06/2006
EMIGRACIÓN

Morreu a persoa da foto máis famosa e ilustrativa da emigración galega: "O Jurjo" . Este problema sangrante do noso país que vén de moitos séculos atrás, aínda non ten viso de solucionarse, sobre todo na Galicia interior. As estatísticas máis recentes pon de manifesto a perda de poboación de Lugo e Ourense no último século. A Galicia rural desaparecerá en non moitos anos a non ser que se cambie totalmente a política da Xunta. Acabaremos todos nunha das sete cidades ou á beira do mar? Quousque tandem seguiremos cantando: " Este vaise e aquel vaise/ e todos todos se van ...." (Rosalía de Castro).
02/06/2006 13:00 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: HISTORIA DE GALICIA No hay comentarios. Comentar.
08/06/2006
FEUDALISMO EN GALICIA

En pleno século XXI, aínda seguimos co sistema dos foros . Parece que o noso país está no século XII ou XIII. Máis de 1000 familias teñen que pagar as rendas e viven en casas e terreos que non son de seu. O AGRARISMO, movemento social de comezos do XX non rematou totalmente co feudalismo. Será verdade iso que dicían os emigrantes que estiveron en Francia, Alemaña, ... que nós iamos 50 anos atrás do resto de Europa? Ou máis ben será que imos tres séculos atrás? Como sabemos a Revolución Francesa, que puxo fin ao feudalismo, tivo lugar a finais do XVIII.
08/06/2006 11:09 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: HISTORIA DE GALICIA No hay comentarios. Comentar.
09/06/2006
DEBER DE COÑECER O GALEGO

Coñecer o galego ten que ser un deber, e así debe aparecer recollido no novo Estatuto de Autonomía. Isto reclámao a Mesa Pola Normalización Lingüística. No mesmo sentido tamén se pronunciou Xosé Ramón Barreiro, presidente da Real Academia Galega.
09/06/2006 13:36 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.
