Se muestran los artículos pertenecientes a Noviembre de 2006.

06/11/2006

INMIGRANTES GALEGOFALANTES

20061106123044-inmigracion.jpg

Parece bastante lóxico que as persoas que emigran aprendan a lingua do país de destino. Isto en Galicia non foi un feito, polo menos ata agora, debido a que a maioría dos inmigrantes aprendían ou usaban só o castelán, posto que sempre se ten a idea de que cada país ten unha lingua. Así a lingua de España sería, loxicamente, o español. Creo que aprender a lingua do país é unha boa forma de integración (o que non quere dicir asimilación), tanto cultural como social. Debemos tratar de que os inmigrantes coñezan e usen o noso idioma.

06/11/2006 12:30 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

AXENCIA TRIBUTARIA

20061106130418-axencia-tributaria.jpg

Pouco a pouco imos avanzando no eido da normalización lingüística. O galego aparece xa na Axencia Tributaria. Primeiro foi en catalán, como sempre. Estes son os que abren camiño ás demais linguas do Estado. Nós non podemos quedar atrás, nin ser sempre os últimos.

06/11/2006 13:00 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

III CONCURSO DE MÓNOLOGOS MONOLINGÜES PARA UNIVERSITARIOS

20061106133758-universitarios.jpg

Un concurso sempre é unha forma de promocionar o idioma. Se se realiza para a xuventude moito mellor. Se é para universitarios aínda máis. Pensemos que necesitamos avanzar no uso do galego entre as xeracións máis novas, posto que son os que menos o usan. Tamén a universidade é un dos sectores no que ten pouco uso o noso idioma. En conclusión: dúas razóns de peso para promocionar a lingua.

06/11/2006 13:37 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: CERTAMES LITERARIOS No hay comentarios. Comentar.

O GALEGO POR PRIMEIRA VEZ NO CONSELLO DE MINISTROS COMUNITARIO

20061106171736-galego.jpg

Por primeira vez na historia vaise empregar o galego no Consello de Ministros Comunitario. Temos que seguir avanzando no seu uso en novos ámbitos. É un novo fito. Temos que aproveitar todos os foros que se nos brinde para a súa difusión. Non podemos quedar só dentro das nosas fronteiras. Necesitamos darnos a coñecer tamén fóra. Moitas son as linguas minoritarias que existen en Europa e debemos defender os seus dereitos.

06/11/2006 17:17 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA No hay comentarios. Comentar.

08/11/2006

DESENVOLVEMENTO SOSTIBLE

20061110130924-natureza.jpg
A deterioración do medio ambiente cada día é maior. Normalmente non nos preocupamos do teterioro da natureza, sen embargo o cambio climático está deixando danos ecolóxicos e económicos de grande consideración e, sobre todo, moitas perdas humanas (recordemos as palabras, máis ou menos afortunadas, do Sr. Presidente do Goberno en Montivideo nas cales dicía que o cambio climático producía máis vítimas que o terrorismo internacional). En Galicia vivimos moi recentemente o grandísimo problema dos incendios forestais e hai moi poucos días as inundacións motivadas en parte polos incendios e en parte pola mala planificación urbanística.
Os centros de ensino deben ser axentes de sostinibilidade. Debemos sensibilizar á xuventude. Oxalá haxa moitas iniciativas como a do IES Auga da Laxe!!
08/11/2006 13:33 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: NATUREZA No hay comentarios. Comentar.

10/11/2006

O GALEGO NO ENSINO

20061110132700-galego-no-ensino.jpg
O galego vai ser obrigatorio no 50% das materias. Xa é hora de que polo menos a metade do ensino sexa en galego. O máis difícil é que de facto sexa así. Xa sabemos o incumprimento que hai hoxe da Lei de Normalización. Moitas das materias que por lei se deberían impartir en galego non o fan e non pasa nada. Tamén quero reclamar que os membros das direccións dos centros, como funcionarios que son da Xunta de Galicia, empreguen o galego en todos os seus actos públicos tanto a nivel oral como escrito. Xa sei que cada un é libre de usar a lingua que desexe como individuo, pero eu pido que o fagan como Director do Centro, no seu traballo; logo na súa vida privada que faga o que queira.
10/11/2006 13:21 Autor: ensinargalego. Enlace permanente. Tema: SOCIOLINGÜÍSTICA Hay 1 comentario.


Suscrí
bete a este blog. RSS 2.0 Este Blog ha sido creado con Blogia. Ver derechos de autor . Estadísticas. Admin. [Blogia colabora con 1001 relatos. ]